EDUC. AMBIENTAL

EDUCACIÓN AMBIENTAL PARA CENTROS EDUCATIVOS E ENTIDADES SOCIAIS

Montes de Vigo, dentro da súa estratexia "Uso social do monte de Vigo", marcouse como compromiso para o Curso 2016-17 desenvolver un programa de actividades de Educación ambiental dirixido a Centros Educativos e Entidades Sociais do concello.

O monte é un espazo natural moi axeitado para poidamos coñecer o entorno que nos rodea tanto dende o punto de vista medioambiental como dende o punto de vista patrimonial, histórico, paisaxístico, orográfico, xeolóxico ou, simplemente, lúdico-deportivo. 

No caso de Vigo, os montes periurbanos conforman un cinto que interacciona coas parroquias e co casco urbano, xerando unha plataforma de coñecemento dos ecosistemas, do ciclo da auga, da flora e da fauna de ribeira, da cultura castrexa, da cultura rural, dos oficios tradicionais, da xestión forestal, das especies autóctonas e das especies alóctonas, etc. 

Dende Montes de Vigo ofertamos a todos aqueles Centros educativos ou Entidades sociais de Vigo que o consideren a oportunidade de empregar os montes de calquera das 13 comunidades de montes asociadas, así como o asesoramento e a monitorización das actividades que se pretendan realizar, como por exemplo:
- O outono no monte: paseo e recoleición de castañas. Actividade con ou sen monitorado.
O outono no monte: paseo e recoleición de cogumelos. Actividade con ou sen monitorado.
Magosto no monte. Actividade con ou sen monitorado.
- A primavera no monte: paseo e coñecemento da flora e fauna de ribeira. Actividade con ou sen monitorado.
- A primavera no monte: plantacións de árbores. Actividade con monitorado.
- Visitas ao patrimonio etnoarqueolóxico (muíños, dolmens, petroglifos, etc). Actividade con ou sen monitorado.
- Visitas ao patrimonio natural (Parque botánico Arco da Vella, o ciclo da auga, plantas autóctonas e alóctonas, os oficios tradicionais, etc). Actividade con monitorado.
- Ximcana medioambiental. Actividade de día completo con monitorado.
- Xogo de orientación. Actividade con monitorado.
- Sendeiros locais de Vigo (Bembrive-Beade, Candeán, Coruxo, Matamá-Comesaña, Saiáns, Zamáns). Actividade con ou sen monitorado.

Para solicitar unha actividade podedes facelo a través do formulario (premer aqui) ou póndose en contacto con montesdevigo.servizos@gmail.com. Porémonos de seguido en contacto convosco para atender a solicitude e, segundo a demanda, realizar a correspondente oferta.

Nombre

Actualidade,166,Destacado,108,eventos,25,
ltr
static_page
Montes de Vigo: EDUC. AMBIENTAL
EDUC. AMBIENTAL
Montes de Vigo
https://montesdevigo.blogspot.com/p/centros-educativos.html
https://montesdevigo.blogspot.com/
https://montesdevigo.blogspot.com/
https://montesdevigo.blogspot.com/p/centros-educativos.html
true
8322081761724650788
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS ARTIGOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar