O "Festival solidario polos montes queimados" organizado pola Mancomunidade de Montes de Vigo celebrouse este sábado 27 de xaneiro de 2018 e contou coa presenza do Alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, e das Concelleiras Chus Lago e Angeles Marra. Estiveron presentes os presidentes das Comunidades de Montes de Valladares, Coruxo, Matamá, Comesaña e Beade, así como o presidente da Mancomunidade.
No festival quíxose facer unha lembranza garimosa pola colaboración cidadá coa que se contou na extinción dos múltiples incendios, así como a destacada laboura dos distintos efectivos postos a disposición por parte do Concello de Vigo.
Houbo un momento de lembranza para as persoas fallecidas e para aquelas que na colaboración da extinción sofriron graves daños nas súas pertenencias. En particular o caso de Ramón, que perdou o seu coche. Precisamente no transcurso do festival fíxoselle entrega dunha contribución económica por parte da Comunidade de Montes de Valladares, que foi onde se produciu o percance.
Tamén se lle entregou unha placa conmemorativa ao voluntariado de Camiño a Camiño, do Concello de Vigo. Na recollida estivo presente unha representación de 25 dos 100 voluntarios e voluntarias participantes nas labouras de emerxencia posteriores ao incendio.
O festival contou con grupos musicais das distintas parroquias que estiveron presentes no acto e deu pé a pasar unha agradable tarde.
Na prensa do domingo (Atlántico Diario e Faro de Vigo) recolleuse un resume do festival, así como no telexornal da TVG (premer)